Servizos
Ofrezo servizos audiovisuais adaptados a cada proxecto: dende a fotografía e o vídeo de voda ata reportaxes documentais e traballos institucionais para concellos galegos.
Os meus servizos de fotografía e videografía
Fotografía de vodas

Cubro a túa voda dende os preparativos ata o baile final, cunha mirada natural e documental coa que capturo os momentos reais da xornada, en calquera punto de Galicia.
Documentais

Realizo proxectos documentais, dende retratos persoais e culturais ata traballos por encarga de institucións, combinando investigación, gravación e edición profesional de vídeo.
Colaboracións institucionais e con concellos

Realizo traballo audiovisual para administracións públicas galegas. Teño proxectos feitos para os concellos de O Porriño, Ponteareas e Salvaterra de Miño: vídeos institucionais, culturais e de promoción do territorio.
Videografía de vodas

Narro os vídeos de voda coma pequenos documentais, gravados con criterio xornalístico e editados coidando cada detalle, cor e son.
Fotografía e vídeo social

Cubro comuñóns, bautizos, aniversarios, eventos de empresa e calquera celebración social cunha mirada natural e coa calidade profesional que me caracteriza.
Edición de vídeo

Encárgome tamén da edición e posprodución de vídeo para bodas, documentais e contidos institucionais, coidando o ritmo narrativo, a cor e o son final de cada proxecto.